jueves, 24 de noviembre de 2011

Discurso - Adormideras 2010-2011


Boas tardes, profesores, alumnos, pais e nais. Agatha Christie dixo que non se pode dar marcha atrás, que a esencia da vida é ir cara adiante. Que a vida, en realidade, é unha rúa de sentido único. Hoxe facemos un stop nesa rúa, para mirar á esquerda e á dereita e poder continuar nese avance cara o noso futuro.
Dende que nacemos os nosos pais guíannos. Ofrécennos a súa man dende o momento en que nos erguemos e a soltan cando temos a idade suficiente para asumir as nosas decisións, facéndonos cargo delas.

Ó superar o instituto tivemos que tomar unha decisión imporante, saber que queriamos a partir de ese momento. Aquí escollemos o noso bacharelato, o primeiro paso cara a nosa vida como adultos independientes. Comezamos unha metamorfose, un cambio. A maioría dos que chegamos a este instituto, vímonos sós, estranxeiros nun edificio que emerxe de entre a arte e o dinamismo; pero iso durou apenas un suspiro. Neste centro pronto aprendemos o que é encamiñarse cara o futuro ó carón dos amigos.

Trátase de dous anos da nosa vida de coñecemento intenso e continuo, 24 meses nunha busca pola madurez, 104 semanas de traballo, 730 días de evolución. Expoñéndonos a novas persoas, situacións materias, profesores e costumes. Estes dous anos son os que nos marcarán de forma máis intensa. Todas as experiencias, dolorosas e pracenteiras, moldénanos, crean a nosa personalidade, a nosa forma de mirar o mundo, de intentar entendelo e enfrontarnos ó caminño da vida que dende logo non é doado, pero aínda así, tampouco é a senda da amargura.

A etapa do bacharelato, en especial para as nosas promocións, ó educarnos nun ambiente tan cheo de cor e orixinalidade, é a que deixa a pegada máis intensa.
Un período de caos persoal, pasande de ser nenos, a adultos.
Aí fóra temos o noso futuro, o camiño cara os nosos soños e temos que ter o suficiente valor e entusiasmo para devoralo dun só bocado, aínda que nos arrisquemos a ser o cazador cazado. Non é sinxelo todo ó que nos temos que enfrontar, pero debemos vencer os noso temores con determinación e ánimo para atravesar as portas de aí diante; demostrándolle ó mundo do que somos capaces; amosándolles todo o que aprendemos durante todos estes anos de esforzo, entre risas e bágoas. Que todo o que temos andado ata aquí non é en balde, que todas as experiencias que vivimos onte inflúen nas que viviremos mañá.

Os estudantes de artes que esta tarde nos atopamos aquí, chegamos a este sitio quizais de rebote, ou ben porque, xa dende cativos, tiñamos moi claro que aquí estaba o noso futuro, que estabamos destinados a afundir as nosas ansias de aprender nel. Guiados por un pincel e un espírito creador chegamos a unha península lonxe de todo, preto da inmensidade do océano.
Permitindo que a multi-culturalidade aquí fervente, non fose un impedimento para entaboar fortes e grandes amizades, eliminando todo tipo de prexuízos.

Aprendendo cada día cousas novas. Xa sexa o sistema cónico, o claro-oscuro con carboncillo ou que mencionar "cor carne" en clase de Indalecio, é un verdadeiro suicidio. Todos os días nesete instituto foron unha auténtica aventura... Arriscando as nosas vidas en interminables viaxes en bus, cargados ata as orellas de cousas mentres o resto de viaxeiros escrutábannos coa mirada; enfrontándonos a vendavais onde a túa única salvación era unha triste farola, ou evitar, en cada recreo, a traxectoria aérea das gaivotas que nos observaban hora tras hora. 
Que profesores como Varasa nos saquen o sorriso durante o franquismo cun "HORROR" ou que Jaime faga algunha que outra broma coas imaxes dos "puttis" do Renacemento Italiano. Deixarnos asombrar pola capaciade de algúns para o realismo, a fotografía ou a abstracción; mirando atentamente todos os estilos que soben e baixan en cada intercambio de clase as escaleiras e contando todos os días que faltaban para as ansiadas vacacións.
Hoxe é un gran día para facer lembranza de todo o vivido aquí e deixalo gravado na nosa memoria. Que non se nos esquezan os mellores anos da nosa vida, que aínda que queden algúns mellores, estes son dignos de enmarcar na nosa mente.

Compañeiros, chegou a hora da verdade, e debemos enfrontala cun sorriso, como grandes bohemios que somos, facendo ambiciosos plans de futuro. Non deixaremos que ninguén se permita o luxo de tronzar os nosos soños e loitade ata o final.
Lembrade tamén estes versos de Gregorio Marañón:
"Vivir no es sólo existir,
sino existir y crear,
saber gozar y sufrir
y nos dormir sin soñar.
Descansar, es empezar a morir."
Boa sorte artistas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario